A voltas con NGC 3718

A voltas con NGC 3718Créditos da imaxe e copyrightMartin Pugh (Heaven’s Mirror Observatory)
Explicación: unha detida ollada a esta instantánea cósmica chea de cor desvela un abraiante número de galaxias tanto preto coma lonxe da constelación Ursa Major. A máis impactante é NGC 3718, a galaxia espiral retorta preto do centro da imaxe. Os brazos espirais de NGC 3718 semellan tortos e estirados, pinta de cúmulos de estrelas azuis novas. Corredores de po alongados escurecen as súas rexións centrais amarelas. A tan só 150 milleiros de anos luz á dereita hai outra gran galaxia espiral, NGC 3729. Probablemente estean as dúas interaccionando gravitatoriamente, tendo en conta a aparencia peculiar de NGC 3718. Mentres a parella galáctica está a uns 52 millóns de anos luz de distancia, o destacado Grupo Hickson 56 tamén se pode ver amoreado por riba de NGC 3718, preto da parte superior do recadro. O Grupo Hickson 56 contén cinco galaxias en interacción e atópase a uns 400 millóns de anos luz de distancia. Esta imaxe foi escollida como a campiona da Competición de Astrofotografía David Malin en 2013.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!