Trópico de Cáncer

O trópico de cáncerCréditos da imaxe e copyrightRogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: este intrigante monumento pode atoparse en Taiwán, entre as cidades de Hualian e Taitong. Dividido en dúas partes, está a escarranchapernas dun círculo de latitude especial do planeta Terra, preto dos 23,5 graos norte, coñecido coma o Trópico de Cáncer. Os puntos situados ao longo do Trópico de Cáncer son as ubicacións máis ao norte nas que o Sol pode pasar directamente por riba da cabeza, un acontecemento que ocorre unha vez no ano durante o solsticio de verán no hemisferio norte. A latitude que define o Trópico de Cáncer correspóndese coa inclinación do eixe de rotación do planeta Terra con respecto ao seu plano orbital. O nome refírese á constelación zodiacal de Cáncer, o Cangrexo. Historicamente a posición do Sol estaba en Cáncer durante o solsticio do verán setentrional, pero debido á precesión do eixo da Terra, o solsticio do Sol está actualmente nas fronteiras de Taurus. Nesta escena nocturna estrelecida a estrutura completamente branca noutros momentos, está coloreada pola luces da cidade, coa súa metade rubia xusto ao sur do Trópico de Cáncer e a branca xusto ao norte. Como é natural, hai un homólogo no hemisferio meridional do Trópico de Cáncer. Chámase o Trópico of Capricornio.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!