A Lúa sobre Andrómeda

A Lúa e Andrómeda
Créditos da imaxe e copyrightAdam Block e Tim Puckett
Explicación: a Galaxia Gran Espiral de Andrómeda (ou M31), a tan só 2,5 millóns de anos luz de distancia, é a gran espiral máis achegada á nosa Vía Láctea. Andrómeda é visible a simple vista coma un pequeno borrón tenue e difuso, pero debido a que ao seu brillo superficial é tan baixo, os observadores celestes ocasionais non poden aprezar a impresionante extensión da galaxia no ceo do planeta Terra. Esta divertida imaxe composta compara o tamaño angular da galaxia cercana coa vista dun obxecto celeste máis familiar e brillante. Nela, unha fonda exposición de Andrómeda, prefilando os fermosos cúmulos de estrelas azuis nos brazos espirais máis alá do brillante núcleo amarelo, combínase cunha típica imaxe dunha Lúa case chea. Ámbalas dúas amosan a mesma escala angular, a Lúa cobre uns 1/2 graos no ceo, mentres que a galaxia ten claramente varias veces ese tamaño. A profunda exposición de Andrómeda tamén inclúe as dúas galaxias satélites brillantes, M32 e M110 (abaixo).

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!