A nebulosa Esquimó desde o Hubble e o Chandra

A Nebulosa Esquimó desde o Hubble e o ChandraCréditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/IAA-CSIC/N. Ruiz et al.visual: NASA/STScI
Explicación: en 1787, o astrónomo William Herschel descubriu a Nebulosa Esquimó. Desde terra, NGC 2392 lembra á cabeza dunha persoa arrodeada polo capucho dun abrigo. En 2000, o Telescopio Espacial Hubble fotografou a Nebulosa Esquimó en luz visible, mentres que en 2007 o Observatorio de raios X Chandra chegou a fotografala en raios X. A imaxe superior, que combina o visual cos raios X, onde os raios X son emitidos polo gas quente do centro e amosados en rosa, publicouse a semana pasada. Desde o espazo, a nebulosa amosa nubes de gas tan complexas que non se comprenden por completo. A Nebulosa Esquimó é claramente unha nebulosa planetaria; o gas que se ve arriba formaban as capas máis externas dunha estrela de tipo solar hai só 10.000 anos. Os filamentos máis internos visibles máis arriba están a ser expulsados polo potente vento de partículas procedente da estrela central. O disco máis externo contén estraños filamentos laranxa de un ano luz de lonxitude. A Nebulosa Esquimó abarca un terzo de ano luz e atópase na nosa Galaxia da Vía Láctea, a uns 3.000 anos luz de distancia, cara a constelación dos Xemelgos (Gemini).

Texto orixinal no APOD.