Noite nubrada en Atacama

Ceo nubrado de Atacama
Créditos da imaxe e copyrightYuri Beletsky (Observatorio Las CampanasCarnegie Institution)
Explicación: ás veces chegan nubes de tormenta ao deserto de Atacama en Chile, coñecido coma o lugar máis seco da Terra. Estas asolagaron o ceo nocturno o mes pasado durante a estación invernal, captadas nesta imaxe panorámica. Aínda que entre elas se amorean as nubes cósmicas máis benvidas polos residentes astronómicos da rexión, incluíndo as nubes escuras perfiladas contra os ateigados campos estelares e as nebulosas da Vía Láctea central. Por baixo e á dereita do centro está a Gran Nube de Magallanes, nomeada apropiadamente pola súa aparencia nos ceos estrelados meridionais. As luces da cidade a uns 200 quilómetros de distancia aínda brillan ao longo do horizonte na dereita, mentres a estrela brillante Canopus reloce por riba delas no ceo nubrado.

Texto orixinal no APOD.