A fermosa Trífida

A fermosa TrífidaCréditos da imaxe e copyrightMáximo Ruiz
Explicación: a fermosa Nebulosa Trífida é un estudio cósmico de contrastes. Tamén coñecida coma M20, atópase a uns 5.000 anos luz de distancia cara a constelación, rica en nebulosas, Sagittarius. A Trífida, unha rexión de formación estelar no plano da nosa galaxia, ilustra tres clases diferentes de nebulosas astronómicas; as nebulosas vermellas de emisión dominadas pola luz emitida polos átomos de hidróxeno, as nebulosas azuis de reflexión producidas pola luz estelar reflectida e as nebulosas escuras nas que aparecen nubes densas de po silueteadas. A rexión de emisión vermella brillante, dividida grosamente en tres partes por corredores de po escuro, dálle á Trífida o seu popular nome. Pero nesta escena definida e chea de cor, a emisión vermella tamén está arrodeada polo ton azul revelador das nebulosas de reflexión. Piares e chorros esculpidos por estrelas recén nadas, por riba e á esquerda do centro da nebulosa de emisión, aparecen nas imaxes en primeiro plano da zona feitas polo Telescopio Espacial Hubble. A Nebulosa Trífida ten uns 40 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.