Dúas visións da Terra

Dúas imaxes da TErraCréditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute e NASA/JHU Applied Physics Lab/Carnegie Inst. Washington
Explicación: nunha misión interplanetaria polo Sistema Solar coordenada, a nosa Terra foi fotografada o mesmo día tanto desde Mercurio coma de Saturno. Na fotografía da esquerda, a Terra é o punto azul páliso xusto por baixo dos aneis de Saturno, tal e como a captou a nave espacial automática Cassini que está agora no xigante gasoso. Na fotografía da dereita, o sistema Terra-Lúa pode verse contra un fondo escuro, tal e como o captou a nave espacial MESSENGER que agora anda a orbitar Mercurio. Na imaxe da MESSENGER, a Terra (esquerda) e a Lúa (esquerda) brillan intensamente pola luz solar reflectida. A MESSENGER tirou a fotografía sobre-exposta o pasado venres coma parte dunha busca de pequenos satélites naturais do planeta máis interno, luas que se supón sexan bastante tenues. Ao longo do mesmo día, humanos de todo o planeta Terra tiraron moitas fotografías de Saturno.

Texto orixinal no APOD.