O cometa Lemmon e o ceo profundo

O cometa Lemmon e o ceo profundo
Créditos da imaxe e copyrightNick Martin
Explicación: percorrendo agora o máis alto do plano da eclíptica, o Cometa Lemmon esmorecía de modo espectacular no ceo nocturno do planeta Terra mentres se dirixe ao Sistema Solar exterior. A uns 16 minutos luz (2 UA) do Sol, aínda amosa unha coma verdella, coma se estivera a posar na dereita desta vista telescópica de 4 graos de anchura do pasado sábado con nebulosas e cúmulos estelares de ceo profundo en Cassiopeia. De feito, o rico fondo da paisaxe celeste é típica nos límites da fachendosa constelación setentrional que se ubica ao longo dos ateigados campos estelares da Vía Láctea. Preto do centro inclúese o cúmulo estelar aberto M52 a uns 5.000 anos luz de distancia. Ao redor dos 11.000 anos luz de distancia, o brillo vermello da nebulosa NGC 7635 por riba e á esquerda de M52 é ben coñecida pola súa aparencia nas imaxes de primeiro plano coma a Nebulosa Burbulla. Pero o Cometa Lemmon que esmorece non é o único obxecto do primeiro plano da escena. Unha raia tenue na dereite é un satélite en órbita collido ao cruzar ao través do campo durante a longa exposición, brillando baixo o reflexo do Sol e escintilando mentres pasa pola sombra da Terra.

Texto orixinal no APOD.