Tíralle unha fotografía a Saturno

Tíralle unha foto a Saturno
Créditos da imaxe e copyrightTunç Tezel (TWAN)
Explicación: tira unha fotografía de Saturno esta noite. Poderías captar unha imaxe do ceo nocturno coma esta. Captada xusto o mes pasado apuntando cara o sur, o planeta Terra e as ruínas do antigo templo de Atenea en Assos, Turquía está en segundo plano. A Lúa sae polo extremo esquerdo do recadro e Saturno é a “estrela” brillante na parte superior dereita, preto da estrela alfa Spica de Virgo (imaxe con etiquetas). Se tiras unha imaxe de Saturno ou saúdas a Saturno e tiras unha imaxe, podes compartila en liña e enviala ao Saturn Mosaic Project (Proxecto Mosaico de Saturno). Por que facer unha fotografía esta noite? Porque a sonda espacial Cassini estará a orbitar Saturno e facendo unha fotografía de ti.

Texto orixinal no APOD.