IC 342, a galaxia oculta

IC34, a galaxia ocultaCréditos da imaxe e copyrightStephen Leshin

Explicación: semellante en tamaño ás galaxias espirais grandes e brillantes da nosa veciñanza, IC 342 está a tan só 10 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional de longo pescozo de Camelopardalis. IC 342, un universo illa esparexido, sería de todos os xeitos unha galaxia destacada no noso ceo nocturno, pero está oculto a unha visión clara e só brilla ao través do veo de estrelas, gas e nubes de po ao longo do plano da nosa propia galaxia Vía Láctea. Incluso aínda que a luz de IC 342 está atenuada polas nubes cósmicas do medio, esta fonda imaxe telescópica traza o po escuro da galaxia, os cúmulos azuis de estrelas e as brillantes rexións rosas de formación estelar ao longo dos brazos espirais que se enrolan lonxe do núcleo galáctico. IC 342 pode ter experimentado un estoupido recente de actividade de formación estelar e está próxima abondo para ter influído gravitacionalmente a evolución do grupo local de galaxias e a Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.