Unha manga mariña en Florida

Tifón en FloridaCréditos da imaxe e copyright: Joey Mole
Explicación: que está a pasar sobre a auga? Enriba aparece na fotografía unha das mellores imaxes nunca antes captadas dunha manga mariña, un tipo de tornado que ocorre sobre a auga. As mangas mariñas son columnas en rotación de aire húmido que se ergue normalmente sobre augas mornas. As mangas mariñas poden ser tan perigosas coma os tornados e poden ter ventos con velocidades superiores aos 200 quilómetros por hora. Algunhas mangas fórmanse a partires de tormentas e incluso durante un tempo meteorolóxico relativamente tranquilo. As mangas mariñas poden ser relativamente transparentes e ao comezo visibles só por un estraño patrón que crean sobre a auga. A imaxe superior tomouse a comezos deste mes preto de Tampa BayFlorida. Pódese dicir que o Océano Atlántico en fronte da costa de Florida é a zona máis activa do mundo para as mangas mariñas, con centos formándose cada ano. Algunhas persoas especulan que as mangas son as responsables dalgunhas das perdas coñecidas no Triángulo das Bermudas.