A galaxia Sombreiro desde o Hale

A galaxia sombreiro desde o HaleCréditos da imaxe e copyright: Caltech/Observatorio Palomar/Paul Gardner, Salvatore Grasso e Ryan Hannahoe
Explicación: que está a pasar no centro desta galaxia espiral? Denominada Galaxia Sombreiro (N.T.: en castelán no orixinal) pola súa semellanza a un chapeu, M104 amosa un destacado corredor de po e un halo brillante de estrelas e cúmulos globulares. As razóns da aparenza a un chapeu do Sombreiro inclúe un vulto central de estrelas estrañamente grande e destacados corredores de po escuro que aparecen nun disco ao ollalo case de canto. Miles de millóns de estrelas vellas provocan o brillo difuso do estenso vulbo central visible na imaxe superior desde o Telescopio de 200 polgadas Hale. Un exame detido do vulto central amosa moitos puntos de luz que son realmente cúmulos globulares. Os espectaculares aneis de po de M104 albergan moitas estrelas novas e brillantes e amosan detalles intrincados aos astrónomos que aínda non se comprenden completamente. O propio centro do Sombreiro brilla por todo o espectro electromagnétio e pénsase que conten un gran burato negro. A luz con cincuenta millóns de anos de idade procedente da Galaxia Sombreiro pode verse cun pequeno telescopio cara a constelación de Virgo.

Texto orixinal no APOD.