Os alicerces do castelo da aguia

Os alicerces do castelo da aguiaCréditos da imaxe e copyright: Emanuele Colognato e Jim Wood
Explicación: que alumea este castelo de formación estelar? A familiar Nebulosa da Aguia reloce brillante en moitas cores á vez. A imaxe superior é unha composición de tres destas cores de gas brillante. Os piares de po escuro deliñan moi ben algunhas das torres máis densas de formación estelar. A potente luz procedente das estrelas masivas provoca que o gas brille e evapore de xeito efectivo parte do po e o gas do seu piar de nacemento. Moitas destas estrelas explosionarán despois de varios millóns de anos, devolvendo a maior parte dos seus elementos á nebulosa na que se formaron. Este proceso está a formar un cúmulo aberto de estrelas coñecido coma M16.

Texto orixinal no APOD.