Mancha solar no solpor

Mancha solar no solpor
Créditos da imaxe e copyrightJo Hunter
Explicación: raios avermellados do Sol poñéndose anegan os ceos sobre Cedar Creek Lake, ao surleste de Dallas, Texas, planeta Terra o 6 de xullo. E mentres os solpores poden ser o evento celeste máis ollado, este en particular ofreceu algunha clase de extra. Unha mancha solar moi grande era visible a simple vista cáptase nesta tranquila vista do solpor, preto do centro do disco solar atenuado e perturbado pola densa atmosfera da Terra. Unhas Timaxes telescópicas desvelaron que a mancha é un complexo de grandes rexións solares activas compostas de manchas solares, algunhas máis grandes có propio planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.