Os once de Messier


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an alternate version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyrightFernando Cabrerizo

Explicación: este amplo campo de visión de 15 graos esténdese ao través dos campos estelares ateigados de Sagittarius cara o centro da nosa galaxia Vía Láctea. De feito, o centro da galaxia atópase preto do bordo dereito da rica paisaxe estelar e once cúmulos de estrelas e nebulosas caen preto do centro do recadro. Todos estes once son entradas enumeradas do catálogo compilado polo turista cósmico do século XVIII Charles Messier. Acadando o status de celebridade para os observadores do ceo, M8 (A Lagoa)M16 (A Aguia), M17 (Omega) e M20 (A Trífida) fachendean de cores dun revelador avermellado polas nebulosas de emisión asociadas coas rexións de formación estelar. Pero tamén, na ateigada zona, estás os atraentes cúmulos estelares para telescopios pequenos; M18, M21, M22, M23, M25 e M28. Máis amplo en extensión cós propios cúmulos estelares, M24 realmente é unha nube de estrelas da Vía Láctea con milleiros de anos luz de lonxitude, visto ao través dunha rachadela do veo de po escurecedor da galaxia. Podes situar o teu cursos sobre a imaxe (ou preme aquí) para axudarte a identificar aos once de Messier.

Texto orixinal no APOD.