Nebulosas poeirentas de Taurus

Nubes poeirentas de TaurusCréditos da imaxe e copyrightBob Franke

Explicación: este complexo de nebulosas poeirentas perdura ao longo do bordo da nube molecular de Taurus, a tan só 450 anos luz de distancia. As estrelas están a formarse na escena cósmica, o que inclúe á prominente estrela extremadamente xuvenil RY Tauri, cara a parte superior esquerda do campo telescópico de anchura de 1,5 graos. De feito, RY Tauri é unha estrela na pre-secuencia principal, incrustada na súa nube natal de gas e po, tamén catalogada coma a nebulosa de reflexión vdB 27. Altamente variable, a estrela é aínda relativamente fría e nas últimas fases do colapso gravitacional. Pronto se converterá nunha estrela da secuencia principal, estable e de masa baixa, un estadio da evolución estelar adquirido polo noso Sol hai uns 4,5 mil millóns anos. Outra estrela da pre-secuencia principal, V1023 Tauri, pódese recoñecer abaixo e á dereita, incrustada na súa nube de po amarelento adxacente á abraiante nebulosa de reflexión azul Ced 30.

Texto orixinal no APOD.