Grandes manchas solares cruzan agora o Sol

Grandes manchas solares cruzan agora o SolCréditos da imaxe e copyright: Damian Peach
Explicación: unha das rexións de manchas solares máis grantes dos últimos anos está agora a cruzar o Sol. Esta rexión de campos magnéticos retortos ben poden producir unha labarada solar que libere unha nube de partículas enerxéticas ao interior do Sistema Solar. Se unha nube moi potente impactase a magnetosfera da Terra, podería ser perigoso para os astronautas en órbita terrestre e os satélites. Polo contrario, o impacto dunha nube magnética menos enerxética podería crear auroras pintorescas. Na fotografía superior hai unha rexión de manchas solares tal e como aparecía hai dous días. A parte máis á dereita desta rexión catalogouse coma AR 11785, mentres que parte esquerda é AR 11787. As rexións de manchas solares máis escuras conteñen campos magnéticos case verticais e son denominadas umbras, mentres que as rexións de cor bronce que as rodean, que amosan máis claramente tubos de fluxo magnético fibrosos, denomínanse penumbras. Os gránulso solares en axitación, moitos duns 1000 km de diámetro, compoñen o fondo amarelo da zona. Ninguén sabe o que esta rexión de manchas solares fará, pero os investigadores do tempo espacial están a vixilala de preto.

Texto orixinal no APOD.