As lúas de Plutón descubertas recentemente reciben nomes

As lúas de Plutón descubertas recentemente reciben nomeCréditos da imaxe: NASAESA, Mark Showalter (SETI Institute)
Explicación: as lúas de Plutón descubertas recentemente agora teñen nomes. Coñecidas previamente coma P4 e P5, a Unión Astronómica Internacional acaba de darlle ás lúas descubertas en cuarto e quinto lugar de Plutón os nomes de Kerberos e Styx. As pequenas lúas descubríronse en 2011 e 2012 polo Telescopio Espacial Hubble preparando o paso achegado da sonda espacial New Horizons por Plutón en 2015. Cérbero recibe o nome polo can de moitas cabezas da mitoloxía grega que garda a entrada ao inframundo, mentres Estixia recibe o nome da deusa que domina o río mitolóxico que discorre entre a Terra e o inframundo. Ámbolos dous nomes están relacionados co nome de Plutón, que goberna na rexión mítica das profundidades. Debido a que a súa reflectividade é descoñecida, o tamaño de cada lúa é bastante incerto; pero estímase aproximadamente nuns 20 quilómetros de diámetro para cada unha. A sonda espacial robótica New Horizons ten programado pasar por Plutón en 2015 e proporcionar as primeiras imaxes claras do planeta anano e as súas compañeiras.

Texto orixinal no APOD.