NGC 2170: natureza morta con po reflectante

ngc2170; natureza morta con po escurecedorCréditos da imaxe e copyrightAdam BlockMt. Lemmon SkyCenterU. Arizona
Explicación: nesta fermosa natureza morta celeste composta cun pincel cósmico, a nebulosa poeirenta NGC 2170 brilla na parte superior esquerda. Reflectindo a luz das estrelas quentes achegadas, NGC 2170 está unida a outras nebulosas de reflexión azuladas, unha rexión vermella compacta de emisión e correntes de po obscurecedor contra un pano de estrelas. Ao igual que as pinturas de naturezas mortas domésticas e máis comúns, a miúdo escollidas pola súa temática, as nubes de gas, o po e as estrelas quentes representadas aquí tamén se atopan comunmente neste marco; unha masiva nube molecular de formación estelar na constelación do Unicornio (Monoceros). A xigantesca nube molecular, Mon R2, está impresionantemente preto, estimándose a só 2.400 anos luz de distancia máis ou menos. A esa distancia, este lenzo tería uns 15 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.