Cúmulo globular de estrelas NGC 6752

ngc6752 cúmulo estelar globularCréditos da imaxe e copyrightDamian Peach
Explicación: a uns 13.000 anos luz de distancia cara a constelación meridional de Pavo, o cúmulo globular de estrelas NGC 6752 vaga polo halo da nosa galaxia Vía Láctea. Cuns 10 mil millóns de anos de idade, NGC 6752 segue aos cúmulos Omega Centauri e 47 Tucanae coma o terceiro cúmulo globular máis brillante no ceo nocturno do planeta Terra. Alberga uns 100 milleiros de estrelas nunha esfera duns 100 anos luz de diámetro. As exploracións telescópicas do NGC 6752 atoparon que unha fracción destacada das estrelas preto do núcleo do cúmulo son sistemas estelares múltiples. Tamén desvelan a presenza de estrelas atrasadas azuis, estrelas que semellan ser demasiado novas e masivas para existir nun cúmulo onde se agarda que todas as estrelas sexan polo menos o dobre de vellas có Sol. Sobre as atrasadas azuis pénsase que se formaron por fusións de estrelas e colisións no denso contorno de estrelas nos núcleos do cúmulo. Esta composición definida en cor tamén amosa as vellas estrelas xigantes vermellas do cúmulo en tons amarelentas.

Texto orixinal no APOD.