M82: galaxia de estourido estelar cun súper-vento

M82: galaxia de estoupido estelar con super-ventoCréditos da imaxe e copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Obs.)
Explicación: tamén coñecida coma a Galaxia Cigarro pola súa aparencia visual alongada, M82 é unha galaxia de estoupido estelar cun súper-vento. De feito, ao través dos estouridos de supernova resultantes e os potentes ventos procedentes das estrelas masivas, o estoupido de formación estelar en M82 está a dirixir un prodixioso fluxo de material cara fóra. Hai claras evidencias do super-vento que procede das rexións centrais da galaxia en este definida instantánea telescópica. A imaxe composta resalta a emisión de longos filamentos que flúen ao exterior de gas hidróxeno atómico en tons avermellados. Parte do gas no súper-vento, enriquecido con elementos pesados fraguados nas estrelas masivas, probablemente fuxirá ao interior do espazo intergaláctico. Os datos da imaxe en banda estreita incluídos na exposición profunda desvelaron unha tenue característica alcumada a pucha. Pendurada a uns 35.000 anos luz por riba da galaxia na parte superior esquerda, a pucha parece ser material ionizado pola onda de choque do super-vento ou radiación ultravioleta intensa das estrelas masivas e novas do núcleo da galaxia. O furioso estoupido de formación estelar de M82, desencadeado por un encontro achegado coa veciña gran galaxia M81, debería durar uns 100 millóns de anos máis ou menos. M82 está a uns 12 millóns de anos luz de distancia, preto do límite setentrional da Osa Maior.

Texto orixinal no APOD.