Estrelas e lóstregos sobre Grecia

Estrelas e lóstregos sobre Grecia
Créditos da imaxe e copyright: Bill Metallinos
Explicación: nun primeiro momento pode aparecer como se a galaxia estivera a producir os lóstregos, pero realmente é a Terra. No primeiro plano da pintoresca paisaxe nocturna de enriba está a illa grega de Corfú, coas luces da cidade arrodeando o lago Korrision. Máis lonxe son visibles as luces da cidade de Preveza, na terra firme de Grecia. Aínda máis ao lonxe, no ceo, unha tormenta está a ameazar, con dous golpes de lóstregos collidos xuntos durante esta toma fotográfica en gran angular de 45 segundos, realizada a mediados de maio. A ramificación do alustro da esquerda parece estar a golpear preto de Preveza, namentres o golpe do alustro da dereita parece estar a bater preto do Monte Ainos, na illa grega de Cephalonia. Esparexidas polo ceo, moito máis afastadas na distancia, hai centenares de estrelas da veciñanza do noso Sol na galaxia Vía Láctea. Aínda máis lonxe, formando un arco por toda a panorámica, estas os milleiros de estrelas que xuntas compoñen a banda central da nosa Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.