130 anos de temperaturas superficiais da Terra

Créditos da imaxe: GISSNASA
Explicación: como foi cambiando a temperatura superficial da Terra? Para axudar a averigualo, os cientifícos da Terra recompilaron rexistros de temperatura desde unhas 1000 estacións meteorolóxicas por todo o globo desde 1880, e as combinaron con datos de satélites modernos. A película superior escenifica o resultado amosando 130 anos de cambios de temperatura relativos ás temperaturas medias locais por todo o planeta a mediados dos anos 1900. Nos mapas globais superiores, o vermello significa máis quente e o azul significa máis frío. A visualización demostra que a temperatura da Terra aumentou, de media, máis ou menos un grao Celsius ao longo dos pasados 130 anos, e que moitos dos anos máis quentes dos rexistros ocorreron só recentemente. O cambio climático global está lonxe de ter un interese pasaxeiro; está relacionado co rigor meteorolóxico global e os niveis do mar na costa.

Texto orixinal no APOD.