PanSTARRS: a anti-cola do cometa

A anti-cola do PanSTARRSCréditos da imaxe e copyright: Pete Lawrence (Digital-Astronomy)
Explicación: coñecido unha vez coma o cometa do solpor, o PanSTARRS (C/2011 L4) está agora toda a noite no ceo, pero só para os observadores celestes do hemisferio norte. Requírese de telescopios para rastrexar o seu progreso mentres se atenúa e se dirixe cara o sistema solar exterior. Pero debido a que o planeta Terra pasou ao través do plano orbital do cometa o pasado maio, o PanSTARRS tamén será lembrado pola súa destacadamente longa anti-cola. Esa perspectiva lateral ao longo da ancha cola de po despregada cada fóra mentres se arrastra por tras do cometa, creou a aparencia dunha anti-cola que apunta na dirección do Sol, cara atrás e ao sistema solar interior. Captada na noite do 27 de maio, este mosaico de 13 lamias (amosadas en imaxes de positivo e negativo) segue á anti-cola do PanSTARRS mentres se estira uns 7 graos desde a coma do cometa no extremo dereito. Probablemente a anti-cola sería moito máis longa, pero perdeuse parte no brillante luar da noite que invade o bordo esquerdo da escena. No fondo, o cúmulo estelar NGC 188 en Cepheus albíscase ao longo do camiño, preto da parte superior esquerda.

Texto orixinal no APOD.