Un halo de súper Lúa

Halo de súper LúaCréditos da imaxe e copyright: Luis Argerich
Explicación: unha Lúa chea do perixeo ergueuse mentres o Sol se puña o pasado domingo. Só por un pouquiño, estaba no seu momento máis preto da Terra, a Lúa chea máis grande e brillante do ano tamén coñecida coma unha Súper Lúa. Vista desde Punta Piedras, Arxentina e o esteiro do Río de La Plata, preto de Buenos Aires, a luz da Súper Lúa creou este magnífico halo lunar circular. Ademais, o tamaño do halo lunar ven determinado pola xeometría das seis facianas dos cristais de xeo de auga nas nubes finas e altas do planeta Terra. Os cristais dobran os raios do luar máis fortemente ao través dun ángulo mínimo de 22 graos. Por iso este halo ten un raio interno de 22 graos, xusto coma os halos das lúas máis pequenas que as súper luas. Incluso máis común ca unha Súper Lúa, fermosos halos de 22 graos poden presentarse en calquera momento do ano.

Texto orixinal no APOD.