Nubes noctilucentes sobre Moscova

Nubes noctilucentes sobre MoscovaCréditos da imaxe e copyright: Sergey Lisakov
Explicación: esta escena panorámica nocturna do 8 de xuño vixila ao través dunha liña do horizonte de Moscova desde o cumio do ediificio principal da Universidade Estatal Lomonosov de Moscova. Na parte superior do ceo escuro brillan amplas nubes noctilucentes. Desde o bordo do espazo, a uns 80 quilómetros sobre a superficie da Terra, as nubes glaciais poden reflectir aínda a luz solar incluso co Sol por baixo do horizonte tal e como se ve desde o chan. As diáfanas aparicións coñecidas tamén coma nubes mesosféricas polares, normalmente localizadas a altitudes elevadas nos meses de verán, chegaron cedo esta estación. Pénsase que as nubes estacionais se forman cando o vapor de auga impulsado na fría atmosfera superior condensa nas finas partículas de po apportadas polo fume meteórico (restos que quedan da desintegración de meteoros) ou cinza volcánica. A seu comezo temperá deste ano pode estar conectado cos cambiantes patróns de circulación global na atmosfera inferior. Durante este verán setentrional, a misión AIM da NASA proporciona proxeccións diarias das nubes noctilucentes tal e como se ven desde o espazo.

Texto orixinal no APOD.