A galaxia Toniña desde o Hubble

A galaxia Toniña desde o Hubble
Créditos da imaxe: NASAESA e The Hubble Heritage Team (STSci/AURA)
Explicación: que está a pasarlle a esta galaxia espiral?  Hai tan só uns poucos centos de millóns de anos, NGC 2936, das dúas grandes galaxias que se amosan a superior, probablemente era unha galaxia espiral normal (xirando e creando estrelas) e matinando nas súas cousas. Pero entón achegouse demasiado á galaxia elíptica masiva NGC 2937 de máis abaixo e recibiu unha calada. Alcumada coma galaxia Toniña pola súa forma icónica, NGC 2936 non está a ser só desviada senón tamén alterada pola interacción gravitatoria próxima. Un estourido de estrelas azuis novas fórmase no nariz da toniña cara á esquerda da galaxia superior. Mentre o centro da espiral aparece coma un ollo. Alternativamente, a parella de galaxias, coñecidas xuntas coma Arp 142, parecen algo semellante a un pingüín que está a protexer un ovo. De calquera xeito, os intrincados corredores de po escuro e as correntes de estrelas azuis brillantes seguen o ronsel da galaxia amolada na parte inferior dereita. A imaxe superior recentemente publicada que amosa Arp 142 nun detalle sen precedentes tirouse polo Telescopio Espacial Hubble o ano pasado. Arp 142 atópase a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación, coincidentemente, da serpe de auga (Hydra). Nuns mil millóns de anos ou así, as dúas galaxias probablemente se fundirán nunha galaxia máis grande.

Texto orixinal no APOD.