A noutrora fundida superficie de Venus

A noutrora superficie fundida de Venus
Créditos da imaxe: E. De Jong et al. (JPL), MIPLMagellan TeamNASA
Explicación: se puideras ollar a Venus con ollos de radar, que verías? Esta reconstrución informática da superficie de Venus creouse a partires de datos da nave espacial Magallanes. A Magallanes orbitou Venus e empregou o radar para cartografar a superficie do noso planeta veciño entre 1990 e 1994. A Magallanes atopou moitos accidentes superficiais interesantes, incluíndo grandes cúpulas ou domos circulares, cun diámetro típico de 25 quilómetros, que se amosan enriba. Pénsase que o vulcanismo creou estas cúpulas, aínda que se descoñece o mecanismo exacto. A superficie de Venus é tan quente é hostil que ningunha sonda superficial durou máis alá duns poucos minutos.

Texto orixinal no APOD.