Un autorretrato do solpor de solsticio

Autorretrato do solsticio de veránCréditos da imaxe e copyright: Danilo Pivato
Explicación: hoxe o solsticio é ás 05:04 Tempo Universal, o Sol chega á declinación máis setentrional na súa viaxe anual ao través do ceo da Terra. Un solsticio de xuño marca o comezo astronómico de verán no hemisferio setentrional y o inverno no sur. Tamén trae o día máis longo no norte, o periodo máis longo entre o mencer e o solpor. Esta imaxe composta segue o camiño do Sol cara o final do día do solsticio de 2012 mentres alcanza o horizonte occidental nun ceo claro e cheo de cor. A escena mira ao norte e o oeste ao longo da costa do Mar Tirreno desde (Italia). A pequena figura do propio fotógrafo, que aparece nesta secuencia ben programada, está alumeada contra a parede do castelo medieval da cidade.

Texto orixinal no APOD.