Unha supercélula de tormenta sobre Texas



Créditos do vídeo e copyright: Mike OblinskiMúsica: Impact Lento (Kevin MacLeod, Incompetech)
Explicación: é iso unha nube ou unha nave marciana? Trátase dunha clase de nube de tormenta estraña e ás veces perigosa denominada supercélula. As supercélulas poden xerar tornados daninos, saraibamicrorrefachos descentes (downbursts en inglés) de aire, ou choiva a cachón. Ou poden simplemente parecer impresionantes. Unha supercélula alberga un mesociclón; unha columna ascendente de aire  rodeada por correntes de aire descendente. As supercélulas poden ocorrer por moitos lugares da Terra pero son particularmente comúns na Tornado Alley (Corredoira dos Tornados) dos EUA. Na fotografía superior aparecen catro secuencias en vídeo dunha supercélula en rotación movéndose por riba e ao través de Booker (Texas). No vídeo captáronse nubes novas que se forman preto do centro da tormenta, o po en rotación sobre o solo, destellos de lóstregos nas nubes superiores, todo mentres o impresionantemente esculpido complexo rota de xeito ominoso. Finalmente, despois dunhas poucas horas, tal e como se amosa na secuencia final, a choiva densa cae mentres a tormenta comeza a extinguirse.

Texto orixinal no APOD.