Sharpless 115

Sharpley 115Créditos da imaxe e copyright: Bill Snyder (en Sierra Remote Observatories)
Explicación: Sharpless 115 está xusto ao norte e o oeste de Deneb, a estrela alfa de Cygnus o Cisne nos ceos do planeta Terra. Anotada no catálogo de 1959 polo astrónomo Stewart Sharpless (coma Sh2-115), a tenue pero encantadora nebulosa de emisión localízase ao longo do límite dunha das xigantes nubes moleculares máis exteriores da Vía Láctea, a uns 7.500 anos luz de distancia. Brillando coa luz dos átomos ionizados de hidróxeno, xofre e osíxeno nesta imaxe composta a cor coa paleta do Hubble, o brillo nebular está potenciado polas estrelas quentes do cúmulo estelar Berkeley 90. As estrelas do cúmulo teñen probablemente só 100 millóns de anos de idade e aínda están incrustadas en Sharpless 115. Pero os potentes ventos e a radiación das estrelas clarexaron gran parte da poeirenta nube natal. Á distancia estimada da nebulosa de emisión, este primeiro plano cósmico abarca xusto algo menos de 100 anos luz.

Texto orixinal no APOD.