NGC 3582: rexión de formación estelar

ngc3584 rexión de formación estelar
Créditos da imaxe e copyright: Desert Hollow Observatory
Explicación: que está a pasar na nebulosa NGC 3582? Estanse a formar estrelas brillantes e moléculas interesantes. A complicada nebulosa reside na rexión de formación estelar denominada RCW 57. Nesta imaxe poden ollarse nós densos de po interestelar escuro, estrelas brillantes que se formaron no pasados miles de millóns de anos, campos de gas hidróxeno brillante ionizado por estas estrelas e grandes bucles de gas expulsado polas estrelas moribundas. Un estudio polo miúdo de NGC 3582, tamén coñecido coma NGC 3584 e NGC 3576, descubriu polo menos 33 estrelas masivas nas súas etapas finais de formación e a clara presenza de moléculas complexas de carbono coñecidas coma hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP ou PAHs no orixinal). Pénsase que os HAP son creados polo gas arrefriado das rexións de formación estelar, e que o seu desenvolvmento na nebulosa de formación do Sol hai cinco mil millóns de anos puido ser un paso importante no desenvolvemento da vida na Terra. A imaxe superior foi tirada polo Observatorio Desert Hollow ao norte de PhoenixArizonaEUA.

Texto orixinal no APOD.