Cráteres Messier en estéreo

Cráteres Messier en estéreo
Créditos: Apollo 11NASA; imaxe estéreográfica por Patrick Vantuyne
Explicación: moitas nebulosas brillantes e cúmulos estelares do ceo do planeta Terra están asociados co nome do astrónomo Charles Messier, polo seu famoso catálogo do século XVIII. Tamén se lle dá o seu nome a estes dous cráteres grandes e extraordinarios da Lúa. Destacados na superficie lunar suave e escura do Mar da Fertilidade ou Mare Fecunditatis, Messier (esquerda) e Messier A teñen dimensións de 15 por 8 e 16 por 11 quilómetros respectivamente. As súas formas alongadas explícanse por unha traxectoria de ángulo extremadamente baixo seguido polo obxecto que impactou, movéndose de esquerda a dereita, que escavou os cráteres. O impacto rasante tamén deu como resultado dous raios brillantes de material que se estende ao londo da superficie á dereita e máis alá da imaxe. Prevista para ser ollada con lentes vermellas/azuis (vermello para o ollo esquerdo), esta abraiante imaxe estereográfica do par de cráteres creouse recentemente a partires dos escaneados en alta resolución de dúas fotografías (AS11-42-6304AS11-42-6305) tiradas durante a misión do Apollo 11 á Lúa.

Texto orixinal no APOD.