NGC 6903: a Nebulosa Bolboreta

A nebulosa bolboreta
Créditos da imaxe: NASAESA e o Hubble SM4 ERO Team
Explicación: os cúmulos e as nebulosas brillantes do ceo nocturno do planeta Terra a miúdo noméanse como flores ou insectos. NGC 6302 non é unha excepción, aínda que a súa envergadura cobre uns 3 anos luz. Cunha temperatura superficial estimada duns 250.000 graos Celsius, a moribunda estrela central desta nebulosa planetaria particular fíxose extraordinariamente quente, brillando con intensidade en luz ultravioleta pero agochada da visión directa por unha denso toro de po. Este primeiro plano definido e cheo de cor  da nebulosa da estrela que está a morrer gravouse en 2009 pola Wide Field Camera 3 do Telescopio Espacial Hubble, instalada durante a derradeira misión de servizo do transbordador espacial. O toro de po que rodea a estrela central, atallando pola cavidade brillante de gas ionizado, está preto do centro da imaxe, case de canto coa liña de visión. O hidróxeno molecular foi detectado na envoltura de pó cósmico da estrela quente. NGC 6302 atópase a uns 4.000 anos luz de distancia na constelación aracnoloxicamente correcta do Escorpión (Scorpius).

Texto orixinal no APOD.