Nebulosa de Orión en osíxeno, hidróxeno e xofre

Nebulosa de Orión en osíxeno, hidróxeno e xofre 
Créditos da imaxe e copyright: César Blanco González
Explicación: poucas visións astronómicas excitan a imaxinación como a achegada gardería estelar coñecida coma Nebulosa de Orión. O gas brillante da Nebulosa arrodea as estrelas novas e quentes no bordo dunha inmensa nube molecular interestelar. Moitas das estruturas filamentarias visibles na imaxe superior son realmente ondas de choque; frontes nos que o material que se move con velocidade atópase co gas que vai amodo. A Nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e localízase a uns 1.500 anos luz de distancia no mesmo brazo espiral da nosa galaxia có Sol. A Gran Nebulosa de Orión pode localizarse a simple vista xusto por baixo e á esquerda do facilmente identificable cinto de tres estrelas da popular constelación Orión. A imaxe superior amosa a nebulosa en tres cores especificamente emitids polos gases de hidróxenoosíxeno e xofre. O complexo de nubes da Nebulosa de Orión ao completo, que inclúe á Nebulosa Cabeza de Cabalo, dispersarase paseniñamente durante os vindeiros 100.000 anos.

Texto orixinal no APOD.