O carreiro lácteo

Carreiro lácteo 
Créditos da imaxe e copyrightWally Pacholka (AstroPics.comTWAN)
Explicación: algunha vez camiñaches polo sendeiro Queen’s en Bryce Canyon, Utah, EUA, planeta Terra? Ao camiñar ao longo do carreiro nesta escura paisaxe celeste nocturna, case podes imaxinar que a túa viaxe continúa ao londo da tenue e luminosa Vía Láctea. Naturalmente, o nome da nosa galaxia, a Vía Láctea (en Latín, Via Lactea), refírese á súa aparencia a unha franxa ou camiño de leite no ceo. De feito, a propia palabra galaxia deriva da palabra grega para leite. Visible en noites sen Lúa desde zonas de ceos escuros, aínda que non tan brillante ou abondo colorida como nesta imaxe, a brillante banda celeste débese á luz colectiva de miríades de estrelas ao longo do plano da nosa galaxia, demasiado febles para seren albiscadas individualmente. A luz estelar difusa está cortada polas franxas escuras de nubes de pó galáctico escuro. Hai catrocentos anos, Galileo volveu o seu telescopio cara a Vía Láctea e anunciou que era “… un amoreamento de innumerables estrelas …”

Texto orixinal no APOD.