Hiperión de Saturno: unha lúa con estraños cráteres

Hiperión, lúa de Saturno con cráteres estrañosCréditos da imaxe e copyright: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA
Explicación: que hai no fondo dos estraños cráteres de HiperiónNinguén está certo. Para axudar a averigualo, a sonda espacial robótica Cassini que agora está a orbitar Saturn pasou abaténdose sobre a lúa de textura esponxosa en 2005 e 2010 e tirou fotografías cun detalle sen precedentes. Unha fotografía da pasada de 2005, que se amosa enriba en cores falsas, amosa un mundo espectacular con estraños cráteres esparexidos e unha superficie xeralmente rara. As pequenas diferenzas na cor probablemente amosan diferenzas na composición superficial. No fondo da maioría dos cráteres hai algún tipo de material escuro descoñecido. Un exame da imaxe amosa características brillantes que indican que o material escuro podería ter só deceas de metros de grosor nalgures. Hiperión ten uns 250 quilómetros de diámetro, rota de xeito caótico, e ten unha densidade tan baixa que podería albergar un enorme sistema de espenucas no seu interior.

Texto orixinal no APOD.