Galaxia espiral NGC 4725 dun brazo

NGC 4725: espiral dun só brazoDatos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble,
Datos adicionais de cor: Adam Block, Bob Franke, Maurice Toet – Ensamblaxe e procesado: Robert Gendler
Explicación: mentres a maioría das galaxias espirais, incluíndo a nosa propia Vía Láctea, teñen dous ou máis brazos espirais, NGC 4725 ten só un. Nesta definida imaxe composta en cor, a solitaria spira mirabilis semella enrolarse a partires dun anel destacado de rexións de formación estelar tinguidas de vermello e cúmulos azulados de estrelas recén nadas. A estraña galaxia tamén amosa corredores escuros de po e unha estrutura de barra central amarelada composta dunha poboación antiga de estrelas. NGC 4725 ten uns 100 milleiros de anos luz de diámetro e atópase a 41 millóns de anos luz de distancia na enfeitada constelación Coma Berenices. As simulacións informáticas da formación de brazos espirales únicos suxiren que poden estar a dirixir ou perdendo brazos con respecto a rotación xeral da galaxia. No cadro tamén hai incluída unha espiral de aspecto máis tradicional que aparece coma unha galaxia de fondo máis pequena.

Texto orixinal no APOD.