NGC 6960: a Nebulosa Vasoira de Meiga

ngc 6960, a nebulosa da vasoira a meiga
Créditos da imaxe e copyrightMartin PughExplicación: hai dez milleiros de anos, antes do albor da historia escrita da humanidade, tería aparecido de súpeto unha luz nova no ceo nocturno e atenuose despois nunhas poucas semanas. Hoxe sabemos que esta luz procedía dunha supernova, ou estrela en explosión, e rexistramos a nube de refugallos en expansión como a Nebulos do Veo, o remanente dunha supernova. Esta definida imaxe telescópica centrada nun segmento occidental da Nebulosa do Veo está catalogado coma NGC 6960 pero é coñecido menos formalmente coma a Nebulosa Vasoira da Meiga. A onda de choque interestelar, abouxando na explosión cataclísmica, avanza con dificultade ao través do espazo varrendo e excitando o material interestelar. Os filamentos brillantes, fotografados con filtros de banda estreita, son coma ondas longas nunha folla que se olla case de canto, ben separadas de xeito extraordinario en gas de hidróxeno atómico (vermello) e osíxeno (azul-verde). O remanente de supernova completo atópase a uns 1.400 anos luz de distancia cara a constelación Cygnus. Esta Vasoira de Meiga abarca realmente uns 35 anos luz. A estrela brillante do fotograma é Cygni, visible a simple vista desde localidades escuras pero non ten relación co antigo remanente de supernova.

Texto orixinal no APOD.