A Grande Nube de Magallanes

 


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: L. Comolli, L. Fontana, G. Ghioldi & E. Sordini
Explicación: o navegante portugués do século XVI Fernando Magallanes e a súa tripulación tiveron bastante tempo para estudiar o ceo meridional durante a súa primeira circunnavegación do planeta Terra. Como resultado, dous obxectos borrosos con aspecto de nubes visibles facilmente para os observadores do ceo do hemisferio sur coñécense coma as Nubes de Magallanes, sabéndose agora que son galaxias satélite da nosa galaxia espiral da Vía Láctea, moito máis grande. A uns 160.000 anos luz de distancia na constelación Dorado, a Gran Nube de Magallanes (LMC) óllase aquí nunha imaxe composta anotada, colorida e extraordinariamente profunda. Ao abarcar uns 15.000 anos luz máis ou menos, é a máis masiva das galaxias satélite da Vía Láctea e fogar da supernova máis achegada dos tempos modernos, SN 1987A. A mancha prominente xusto á esquerda do centro é 30 Doradus, tamén coñecida como a magnífica Nebulosa Tarántula, unha rexión de formación estelar xigante cuns 1.000 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.