Paxaro e parhelio

birdsundog_rayego_1555

Créditos da imaxe e copyright: Juan Manuel Pérez Rayego

Explicación: ollaches algunha vez un pequeno arco da vella ao carón do Sol? Estrano, pero grato de ver, eses espectáculos son coñecidos como parelios ou sundogs. Os parhelios son precisamente luz do Sol refractando a través de cristais de xeo hexagonais caíndo na atmósfera. Cando os delgados cristais de xeo revolotean cara abaixo horizontalmente refractan a luz do Sol de lado e crean parhelios. Ao mesmo tempo os cristais de xeo orientados ao azar crean un parhelio completamente circular. Os parhelios ocorren a 22 graos a cada lado de cada amencer ou solpor, se ben as nubes cercanas poden bloquear un ou ambos os dous. A imaxe de enriba foi tomada con un filtro polarizado en outubro de 2012 en Mérida, España.

Texto orixinal no APOD.