A anti cola do PanSTARRS medra

panstarrsSpikeBrimacombe600lum

Créditos da imaxe e copyright: Joseph Brimacombe,

Explicación: cando o planeta Terra se acercaba ao plano da órbita do cometa Comet PanSTARRS (C/2011 L4) o 23 de maio os observadores de cometas poideron disfrutar da visión da súa magnífica anti-cola. A longa e estreita anti cola estírase cara á dereita desta fotografía case 4 graos, unhas catro veces o tamaño angulas da Lúa chea. A cola segue a órbita do cometa a media que deixa atrás o Sistema Solar interior. Esta perspectiva case de canto do plano orbital do cometa destaca a vista da anti cola e fai que semelle apuntar ao Sol, un comportamento aparentemente contrario ao das colas de poeira dos cometas empurradas en dirección contrara pola presión da luz solar. O cometa vaga ao norte do ceo da Terra, e é visible toda a noite na maior parte do hemisferio norte. Agora, sen embargo, a luz da Lúa interfire na súa visibilidade. A anti cola do PanSTARRS é unha das máis longas dende a aparición do cometa Arend-Roland en 1957.

Texto orixinal no APOD.