Coroa lunar sobre o castelo Cochem

IMG_8185sTafreshi950
Créditos da imaxe e copyrightBabak Tafreshi (TWAN)
Explicación: esta aparición ao estilo de Batman non brilla nas nubes sobre a cidade de Gotham. En vez diso, o banco de nubes perfilado contra unha colorida coroa lunar apereceu no anoitecer do 18 de maio sobre Cochem, Alemaña, desde os bancos do río Mosela. A coroa lunar fórmase cando o luar brillante se difracta polas pingas de auga das nubes finas que vagan por diante do disco da Lúa. Por baixo atópase o histórico Castelo Cochem da rexión datato no século XI, e non a Mansión Wayne. Ademais, independentemente da túa localización no planeta Terra ben merecerá a pena explorar os ceos do solpor, mentres sae unha Lúa Chea e os planetas brillantes se xuntan no oeste.

Texto orixinal no APOD.