Verme lunar

Verme lunar
Créditos da imaxe e copyrightJoerg Kopplin
Explicación: unha serie compacta de exposicións consecutivas combínanse nesta composición fascinante da Lúa Chea agatuñando lentamente, ao través do ceo. Comezando no extremo superior dereito ás 19:42 TU e rematando ás 22:14 TU do 25 de april, a secuencia segue a Lúa desde Alemaña mentres pasa ao través da sombra da Terra nunha eclipse parcial lunar. Preto do cumio, a Lúa só rabuña o bordo meridional da escura sombra central da Terra, ou umbra. Pero o brillo decrecente da parte máis escura da rexión máis externa da sombra, a penumbra, tamén é aparente sobre o disco lunar. De feito, o tamaño e forma relativos das rexións de sombra da Terra e a Lúa son máis sinxelas de ver ao longo dos segmentos deste verme lunar. Case imposible de seguir co ollo, unha eclipse lunar penumbral lunar eclipse, coa Lúa Chea pasando só ao través da tenue sombra penumbral máis externa, comezará o 25 de maio.

Texto orixinal no APOD.