Messier 109

m109 
Créditos da imaxe e copyrightBob Franke
Explicación: a fermosa galaxia espiral barrada M109, a entrada número 109 no famoso catálogo de Charles Messier de Nebulosas e Cúmulos Estelares brillantes, atópase xusto por baixo do cazo do Carro Maior na constelación setentrional da Osa Maior. En imaxes telescópicas, a súa espectacular barra central dálle á galaxia a aparencia da letra grega “theta”, θ, un símbolo matemático común que representa un ángulo. Naturalmente, M109 abarca un ángulo moi pequeno no ceo do planeta Terra, uns 7 minutos de arco ou 0,12 graos. Pero o pequeno ángulo correspóndese cuns enormes 120.000 anos luz de diámetro á distancia estimada para a galaxia de 60 millóns de anos luz. O membro máis brillante do agora recoñecido cúmulo de galaxias da Osa Maior, M109 (tamén coñecida coma NGC 3992) está unida por tres estrelas con puntas no primeiro plano aliñadas ao través deste recadro. As tres galaxias azuladas, pequenas e borrosas que tamén están na escena, identifícanse de esquerda a dereita coma UGC 6969, UGC 6940 e UGC 6923, posiblemente son galaxias satélite da máis grande M109.

Texto orixinal no APOD.