Espectro vermello con aurora

Espectro vermello e aurora
Créditos da imaxe e copyright: Walter Lyons (FMA Research), WeatherVideoHD.TVExplicación: que é iso do ceo? Trátase dunha estraña clase de lóstrego confirmada só hai uns 25 anos: un espectro* vermello. Investigacións recentes amosaron que chegan tras un potente lóstrego desde unha nube ata o chan positivo; os espectros vermellos poden comezar coma bólas de 100 metros de aire ionizado que se derruban desde uns 80 km de altura a un 10 por cento da velocidade da luz e son seguidos rapidamente por un grupo de bólas ionizadas raiando cara arriba. A imaxe superior, tirada hai uns poucos días por riba da Dacota do Sur central (EUA), captou un brillante espectro vermello e é un candidato para a primeira imaxe en cor nunca gravada dun espectro e unha aurora xuntos. Nubes de tormenta distantes cruzan polo parte baixa da imaxe, mentres se poden ver no fondo reflexos da colorida aurora. Aos espectros vermellos só lles leva unha fracción dun segundo ocorrer e óllanse mellor cando se ven potentes tormentas desde un lado.

* N. T.: no orixinal, “sprite”. Optamos polo termo “espectro” pois ten o dobre sentido de algo pantasmal e relacionado co espectro electromagnético.

Texto orixinal no APOD