Sol azul ateigado

Un Sol azul ateigadoCréditos da imaxe e copyrightAlan Friedman (Averted Imagination)Explicación: o noso Sol non é un xigante arando. Porén, pode facerse que o noso Sol pareza semellante á diminuta froita fotografándoo nunha cor epecífica da luz violeta extrema denominada CaK que emite a moi pequena abundancia do calcio ionizado da atmosfera do Sol, e invertindo despois a imaxe en falsa cor. Realmente, esta representación solar é cientificamente relevante coma un nivel da cromosfera do Sol que semella bastante prominente, amosando unha superficie de textura crebadiza, smanchas solares frías que aparecen con brillo diferente e rodeadas por rexións activas quentes que se amosan distintivamente escuras. Actualmente o Sol está preto do nivel de actividade máxima no seu ciclo de 11 anos e emitiu erupcións potentes durante a semana pasada. Durante os momentos de elevada actividade, as correntes de partículas enerxéticas procedentes do Sol poden impactar na magnetosfera da Terra e desencadear a aparición de espectaculares auroras.