A estrutura Richat da Terra

A estrutura Richart da Terra
Créditos da imaxe: NASA/GSFC/METI/Japan Space Systems e U.S./Japan ASTER Science TeamExplicación: que é isto na Terra? A Estrutura Richat no deserto do Sahara de Mauritania é facilmente visible desde o espazo polos seus case 50 quilómetros de diámetro. Unha vez pensouse que era un cráter de impacto, o centro plano e a falta de rochas alteradas polo choque da Estrutura Richat indican outra cousa. A posibilidade de que a Estrutura Richat se formara por unha erupción volcánica tamén semella improbable debido á falla dunha cúpula de roca ígnea ou volcánica. Ademais, a rocha sedimentaria estratificada da estrutura Richat se cre agora por moitos que foi provocada por unha rocha alzada esculpida pola erosión. A imaxe superior captárona os instrumentos ASTER ao bordo do satélite Terra en órbita. O porqué a Estrutura Richat é case circular aínda segue a ser un misterio.

Texto orixinal no APOD.