A anti-cola do cometa PanSTARRS

A anti-cola do cometa panstarrs
Créditos da imaxe e copyrightMarco Fulle (INAF)Explicación: unha vez que o famoso cometa do solpor, o PanSTARRS (C/2011 L4) é agora visible toda a noite de gran parte do hemisferio norte, vai destinado ao Sistema Solar exterior mentres escala cara arriba do plano da eclíptica. Aínda que a ampla cola de po do cometa, máis tenue e debilitada, aínda está a medrar. Esta imaxe de telescopio de campo amplo fíxose contra o fondo estrelecido da constelación Cepheus o 15 de maio. Amosa que o cometa desenvolveu unha estensa anti-cola, po que segue á órbita do cometa (á esquerda da coma), estirándose máis de 3 graos ao través da imaxe. Xa que o cometa está xusto a unhas 1,6 unidades astronómicas do planeta Terra, iso corresponde a unha distancia duns 12 millóns de quilómetros. A finais de maio o comet PanSTARRS pasará a uns poucos graos do polo norte celeste.

Texto orixinal no APOD.