A fervenza e o mundo pola noite

A fervenza e mundo pola noite
Créditos da imaxe e Copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées) Explicación: por riba desta paisaxe boreal, o arco da Vía Láctea e a aurora escintilante flúen ao longo da noite. Coma un eco, por baixo deles atópase a espectacular Godafoss islandesa, a Fervenza dos Deuses. Xusto por baixo da Vía Láctea brilla Xúpiter, que se inclúe nesta paisaxe nocturna panorámica gravada o 9 de marzo. A galaxia de Andrómeda (M31), tenue e difusa, aparece inserida no brillo auroral. A unión dixital das catro tomas obtiveron o primeiro premio no Concurso Internacional de Fotografía da Terra e do Ceo 2013 en Ceos Escuros Relevantes organizado por The World at Night (O Mundo pola Noite). Un evocador rexistro da beleza do ceo nocturno do planeta Terra, todos os participantes gañadores do concurso aparecen neste vídeo.

Texto orixinal no APOD.